O adestrador ourensán Jorge Regal e o club chegaron a un acordo definitivo, polo que o técnico dirixirá na próxima tempada ao primeiro equipo do Arenteiro na Preferente Autonómica.

A Xunta directiva aposta así por un adestrador que conta con título nacional e con gran experiencia no fútbol ourensán, tras o seu paso polo CD Ourense, Pabellón Ourense CF e UD Barbadás.

Desde esta semana Jorge Regal xa está traballando para avanzar na confección da plantilla de xogadores, altas, baixas e renovacións, coa idea de configurar un grupo de garantías para afrontar unha tempada que se prevé moi competida na Preferente Autonómica.

Doutra parte, o Club quere recoñecer públicamente o enorme traballo realizado nos dous últimos anos pola adestrador Miki López ao fronte do primeiro equipo, do que se fixo cargo en 1ª Autonómica e deixa en Preferente, tras unha tempada na que se cumplíu con solvencia o obxetivo marcado pola  Xunta Directiva, lograr a permanencia na categoría da Preferente e lograr a Copa Deputación.