Tras varios dias de negociacións queremos informar das novas incorporacións xa confirmadas para reforzar a plantilla de cara a vindeira tempada, son o carballiñés Marcos Castro, que regresa ao Arenteiro tras xogar esta pasada tempada no Céltiga. Procedente do Barbadás chega o defensa Vilachá, e do Estudiantil o centrocampista Marc. Para reforzar a dianteira, o Arenteiro fíxose cos servizos de Vitti, procedente do AlertaNavia vigúes, co que marcou esta pasada tempada 21 goles, sendo o terceiro máximo goleador da Preferente. O club ainda traballa para acabar de cerrar a plantilla, coa incorporación de un porteiro e un defensa.

Deste xeito CD Arenteiro consigue o obxetivo de dar continuidade na plantilla a todos os xogadores que pretendía tanto a directiva como o novo adestrador Jorge Regal, na que o Arenteiro pretende mellorar o feito este pasado exercicio na Preferente Autonómica e repetir o éxito da Copa.

Por diversos motivos de índole personal ou por decisión técnica, causan baixa no club Brais, Quiroga, Choco, Marcos Nieto, Carlos Escudero e Manu. Tampouco seguirá o preparador físico Oscar Martinez, que na pasada tempada acompañou a Miki López nas responsabilidades técnicas.

O Club confirma a continuidade para a vindeira tempada de Pachi, Dani Arbo, Ocampo, Lois, Pana, Dafonte, Dani Vázquez, Martín Pérez, Victor Gallego, Bardelás, Marcos Sotelo, Sanginés e Gele, tamén seguirá no club Diego López, aínda que no seu caso será iniciando unha nova etapa, como adestrador físico e axudante de Regal.